O Courel, un dos emprazamentos de maior biodiversidade e xeodiversidade e mellor conservados do país, onde a riqueza natural que se agocha no seu territorio fai que aqui podamos contemplar paisaxes de gran beleza.

Nas súas ladeiras e vales atópanse pequenas aldeas que gardan vivos os seus valores naturais, consturccións tradicionais e unha chea de historia e lenda.

Nunha destas aldeas, Froxán, declarada recentemente Ben de Interese Cultural (BIC) como Conxunto Etnográfico, onde as súas vivendas e construccións manteñen un marcado aspecto medieval, rúas empedradas, paredes de laxas de pizarra e balcóns con balaustradas, a influenza dos climas atlántico e mediterráneo crean un microclima que fai que aquí se mesturen os soutos de centenarios castiñeiros con fondos bosques de sobreiras, érbedos con acivros e unha morea de variedades que dan á paisaxe unha cor especial.

 No medio desta beleza atópase a Casa da Aira, unha construcción centenaria, un conxunto arquitectónico de porte impresionante. Na súa restauración gardáronse ao detalle, para que, sen perder autenticidade, esta ofreza paz, sosego e comodidade ao viaxeiro. A súa situación na aldea mantén o privilexio que sempre tivo coma a casa grande do pobo. Unha eira serve coma antesala, e coma recibidor, a sempre chea de lenda Fonte do Milagre e máis un castiñeiro de porte e formas impresionante. No contorno de Froxán están habilitadas varias rutas de sendeirismo sinalizadas, podéndose percorrer por elas os centenarios soutos, as beiras do río e as súas pontes e visitaren castros, minas romanas e singulares conxuntos de sequeiros.

A casa dispón de dez cuartos dobres con baño, un amplio salón e o comedor, onde se ofrecen os almorzos, comidas e ceas.